Produtores da comarca Fonsagrada

Adega Sidrón, do viño a granel á aposta pola calidade no alto Navia

blank

Na casa de Rosa e Paco Sanromán, en Pieiga, no concello de Negueira de Muñiz, sempre se fixo viño para a casa. Pero en 2013 estes dous irmáns decidiron comezar un camiño cara a profesionalización que está a dar os seus froitos. Os seus caldos, tanto brancos como tintos son producións pequenas e coidadas, unha aposta pola diferenciación, porque se alguén busca uns viños singulares, os de Negueira son únicos.

Ver produtos

Ribeira do Navia, recuperando as producións esquecidas de mel e de viño

blank

Héctor Álvarez define o seu mel como “o legado máis doce” dos seus antepasados. Esa é a súa filosofía de traballo, centrada en recuperar dúas tradicións que se foron perdendo co paso dos anos nesta zona norte dos Ancares: a produción de mel e a produción de viño. Está a facelo no microclima particular que configura o cauce do río Navia en todo o seu percorrido, un territorio cheo de contrastes que impregnan estes dous produtos e que os fai únicos.

Ver produtos

Xan Couso, a unión de dous gandeiros para vender a súa carne sen intermediarios

blank

Carlos e José Manuel xuntáronse hai ano e medio para daren saída aos seus xatos mediante a venda directa ao consumidor final. Alugaron unha carnicería en Castroverde desde a que fan tamén envíos a domicilio. Contan con produción convencional e ecolóxica e están a criar tamén animais de raza angus buscando diferenciarse no mercado e satisfacer os gustos de todo tipo de clientes

Ver produtos