Produtos da comarca Mariña Oriental

Produtores da comarca Mariña Oriental

Terras de Miranda, crear riqueza e emprego coa produción de horta

blank

Javier Miranda comezou no 2012 plantando unha hectárea de repolos en Riotorto. Hoxe ten fincas alugadas tamén en Castro de Rei, Pol e A Pastoriza, cultiva unha ducia de produtos distintos e dá traballo a 20 persoas. Para que o prezo lle permita pagar ben aos seus empregados, esta empresa distribúe directamente a súa mercadoría en Galicia e Asturias e vende online a toda España.

Ver produtos

Confitería Irma, creadores dunha tarta de améndoa única

blank

Coa receita orixinal dos seus avós, Teresa elabora unha tarta que leva como principal ingrediente un 45% de améndoa natural. É o emblema da Confitería Irma, de Riotorto, un produto único nacido da emigración e que grazas a ela ten chegado tamén a lugares como Australia, EEUU ou Venezuela.

Ver produtos