Produtores da comarca Sarria

DoSouto, conservas de castañas e froitas de tempada

blank

Milagros López tiña na súa casa de Vilar de Aldixe, en Paradela, soutos centenarios que levaban un tempo abandonados. Propúxose recuperalos e poñelos de novo a producir. Pero como unha cousa sempre leva a outra, pensou nun xeito aportar valor engadido a aquela materia prima, así que acabou recuperando tamén unha vella palleira para montar nela un obrador onde transformar as castañas que producía, ás que logo se sumaron tamén marmeladas dunha ampla gama de produtos locais.

Ver produtos

Torta de Sarria, a receita da avoa Filomena

Lourdes Pombo decidiu no 2015 cambiar o seu xeito de vida para adicarse á repostería, recuperando elaboracións familiares e innovando con outras propias. Do seu obrador saen creacións con ingredientes naturais que non levan conservantes

Ver produtos

David Veiga, cando ser apicultor vén de familia

De pequeno, David Veiga ía co seu pai a ver as abellas que tiña repartidas pola comarca de Sarria. El entretíñase botando un pouco de fume e así, pouco a pouco, foise familiarizando co oficio até que hai 4 anos decidiu deixar o emprego nunha carpintaría de aluminio na que traballaba para adicarse á apicultura. Hoxe, con 400 colmeas, xa vive das abellas. Produce mel, pole e enxamios e quere seguir medrando e diversificando

Ver produtos

Gandería Quintián, queixos que rezuman autenticidade

blank

Gandería Quintián é unha explotación familiar do concello lugués do Páramo que leva máis de medio século producindo leite. Chelo e Julio decidiron no 2010 transformar e valorizar a produción das súas vacas comercializando leite fresco pasteurizado. Agora dan un paso máis na aposta por saltarse os intermediarios e chegar directamente ao consumidor facendo tamén queixos, que maduran grazas a unha veta de auga natural que lles aporta uns matices únicos.

Ver produtos