Produtores da comarca Terra de Lemos

Casa da Fonte, transformar o leite e difersificar as producións

blank

Xosé García Freire é un mozo gandeiro de Pantón que colleu fai 10 anos a granxa dos seus pais e foina cambiando a base de innovar en moitos aspectos: as súas vacas non teñen establo, só fai un muxido ao día cunha sala portátil e transforma o leite na propia explotación en iogures, queixo e manteiga. A maiores, venden ovos e crian polos e porcos

Ver produtos

Eurolemos, un santuario das razas autóctonas galegas

Ramón Vázquez e a súa muller Mari Carmen Álvarez son criadores de vacas cachenas, ovellas galegas, galiñas de Mos e porcos celtas. Elaboran tamén produtos como chourizos, salchichóns, hamburguesas, mel ou mamelo caseiro, que comercializan directamente na súa carnicería de Monforte

Ver produtos

Rectoral de Gundivós, o viño da Ribeira Sacra feito en barro

blank

Esta adega de Sober fusiona a tradición da olería da zona coa produción de viños de autor. Os seus brancos e tintos da subzona de Amandi destacan por ser edicións limitadas, por unha viticultura respectuosa co medio ambiente e pola mínima intervención nos viños

Ver produtos

Pastelería Marisa, a repostería feita coas castañas do Courel

blank

Declárase ‘anticakes’ e decidiu apostar polas materias primas da zona, por iso Roberto leva 20 anos facendo madalenas de castaña, sen dúbida un dos produtos estrela da serra do Courel. Nesta pastelería de Quiroga non se empregan conservantes e as elaboracións son tradicionais.

Ver produtos

Panadería Herbella, recuperando a repostería tradicional galega

blank

Dende fai una década, Panadería Herbella, da Pobra do Brollón, aposta por rescatar receitas da repostería tradicional da comarca que, dende tempo inmemorial, culminaban os menús de festas e banquetes. Os seus doces son de elaboración totalmente artesá, na que prescinden de calquera conservante ou colorante, co que conseguen uns produtos que fan recordar os doutros tempos.

Ver produtos