Ámboa Lútum

Ámboa
11 Febreiro 2021
Mel da Ribeira Sacra
12 Febreiro 2021
Categoria: Viños e bebidas
Etiqueta:

18,00

Esgotado

Viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Tinto. Añada 2019

Variedades: 80% Mencía, 20% Merenzao e Negreda.

Chans: pizarra e granito.

Ouro na Guía Padín de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2021

Máis información

Rectoral de Gundivós, o viño da Ribeira Sacra feito en barro

blank

Esta adega de Sober fusiona a tradición da olería da zona coa produción de viños de autor. Os seus brancos e tintos da subzona de Amandi destacan por ser edicións limitadas, por unha viticultura respectuosa co medio ambiente e pola mínima intervención nos viños

Coñece máis
blank

Ámboa Lútum é o proxecto estrela da adega, un viño tinto que fermenta nas ámboas de barro, cunha fermentación controlada de xeito natural. Neste recipiente tradicional desta zona nunca se superan os 18-20ºC sen necesidade de ningún tipo de frío artificial, cando o aceiro, por exemplo, chega a acadar os 30ºC se non é correxido. Deste xeito o viño consegue características e matices moi distintos.

 

ELABORACIÓN:
O viño estrela de Rectoral de Gundivós é elaborado cunha selección especial das súas mellores uvas de finca de Lobeiras e O Lombo.
Despalillado sen raspón, fermentado e madurado en ámboas de barro duns 200 litros de capacidade.
Posterior paso por barrica de carballo francés durante 6 meses.

 

FICHA DE CATA:
Este viño encóntrase actualmente en barricas de carballo francés, á espera de acabar o proceso de maceración en para o seu embotellado. Non dispoñible no mercado.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ámboa Lútum”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *