Carne de tenreira galega ecolóxica sen óso para asar

Carne de tenreira galega ecolóxica con óso para asar
14 Xuño 2021
Ossobuco de tenreira galega ecolóxica
14 Xuño 2021

14,90

Custo: 10,00

Carne sen óso de tenreira ecolóxica amparada pola IXP Ternera Gallega.

Procedente de partes como a culata, o morcillo ou a agulla sen o óso. Ideal para asar ou para facer en guisos.

Prezo por 1 kg.

Máis información

Traloagro, unha volta ás orixes desde a emigración

blank

Isabelle e Tito herdaron dos seus pais, Manolo e Maricarmen, o seu espíritu emprendedor. Dos seus avós, José e Carmen, aprenderon a valorar a terra á que voltaban de pequenos cada verán. Con eses dous ingredientes, co paso dos anos, decidiron poñer en marcha un proxecto empresarial nese rural do que a familia tivera que marchar na procura dun futuro mellor. Hoxe contan na parroquia de Pacio, en Friol, cunha explotación cárnica de gando vacún e polos ecolóxicos que comercializan directamente.

Coñece máis
blank

CARACTERÍSTICAS: 
Carne de tenreira ecolóxica certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e amparada pola IXP Ternera Gallega. Animais criados en liberdade, sen antibióticos, sen transxénicos, alongando os ciclos de vida e benestar animal, con control absoluto do ciclo de produción e con garantía de trazabilidade do produto.

Conservar en refrixeración entre 0° e 2°C

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Carne de tenreira galega ecolóxica sen óso para asar”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *