Chourizos Ferreiro

Mel de castiñeiro
27 Xaneiro 2021
Empanada grande
28 Xaneiro 2021
Categoria: Carnes e embutidos
Etiqueta:

14,00

Custo: 5,50

Chourizos caseiros elaborados a partir de porcos alimentados sen pensos.

10 unidades. Envasados ao baleiro.

Máis información

Ferreiro, os chourizos da casa que se venden nas feiras

blank

Como bos chourizos caseiros, os que fai Cristina tiñan que levar o nome da casa familiar, ubicada no lugar de Suouteiro, na parroquia de Xiá, pertencente ao concello lucense de Friol. Esta moza decidiu fai 4 anos que a tradición dos seus avós e os seus pais non se perdera coa elaboración artesá e a venda directa como máximas do seu negocio.

Coñece máis
blank

O auténtico sabor dos chourizos da casa.

Preséntanse envasados a baleiro en 2 bolsas de 5 chourizos cada unha e un peso aproximado de 450 gr.

Elaboración artesá: a carne é cortada á man, sen ser picada por medios mecánicos, e o atado é tamén manual.

A zorza non leva conservantes artificiais e é embutida en tripa natural de porco.


INGREDIENTES: 

Carne magra de porco, allo, sal, pemento doce e pementón picante.


DATA DE CONSUMO PREFERENTE:

6 meses, aínda que se conservan en perfectas condicións durante máis dun ano.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chourizos Ferreiro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *