Ímbrice

Adobe
11 Febreiro 2021
Ámboa
11 Febreiro 2021
Categoria: Viños e bebidas
Etiqueta:

15,00

Custo: 5,00

Viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Branco 14% vol. Añada 2019

Variedades: 80% Godello, 15% Branca Lexítima, 5% Dona Branca.

Chans: arxila, granito e pizarra.

Ouro na Guía Padín de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2021

Máis información

Rectoral de Gundivós, o viño da Ribeira Sacra feito en barro

blank

Esta adega de Sober fusiona a tradición da olería da zona coa produción de viños de autor. Os seus brancos e tintos da subzona de Amandi destacan por ser edicións limitadas, por unha viticultura respectuosa co medio ambiente e pola mínima intervención nos viños

Coñece máis
blank

Ímbrice é o nome que leva o viño branco que elabora a adega Rectoral de Gundivós. É unha edición limitada de 1.200 botellas feita a base de godello e outras castes, como treixadura, dona branca, ou branca lexítica, unha variedade da zona que se está recuperando e que lle dá acidez ao godello e unha condición aromática floral moi particular que non ten ningunha das outras castes.

 

ELABORACIÓN:
Despalillado da uva, prensado do bagazo e maceración en frío durante 24 horas. Fermentación a temperatura controlada en aceiro. Unha vez rematada, mantense coas lías finas durante un tempo, que varía en función do resultado das catas organolépticas realizadas.

 

FICHA DE CATA:
Atractiva cor amarela palla con reflexos verdosos; limpo e brillante.
En nariz, delicados toques florais que se abren a tons de froita branca e tropical maduras; franco e intenso.
Boca agradable e fresca; acidez xusta que dá paso a matices vexetais propios da variedade; final de boca harmónico e persistente.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ímbrice”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *