Infusións ecolóxicas

Medio pan de Antas
2 Marzo 2021
Especias ecolóxicas
3 Marzo 2021
SKU: N/D
Categoria: Conservas
Etiquetas: ,

4,50

Limpiar
Custo: 5,00

Ampla variedade de infusións ecolóxicas confeccionadas por Milhulloa a partir de herbas aromáticas e mediciñais galegas cultivadas por esta cooperativa de mulleres de Palas de Rei.

Elixe o sabor que máis che guste ou a planta ou combinación que mellor se adapte á túa doenza entre 18 infusións diferentes.

DISPOÑIBLES: Artemisa; Caléndula; Caléndula e fiuncho; Chantaxe; Chantaxe, caléndula e tomiño; Herbaboa; Macela; Melisa; Menta piperita; Milenrama; Milenrama con menta; Ourego; Romeu; Sarxa; Tomiño limonado; Infusión da avoa; Infusión da madriña; Infusión do Padriño.

Máis información

Milhulloa, 20 anos recuperando as plantas mediciñais galegas

blank

Infusións, especias e hortalizas deshidratadas forman parte hoxe do catálogo de produtos desta cooperativa de mulleres de Palas de Rei que seguen traballando coa mesma filosofía coa que naceron, a de potenciar o rural e os cultivos autóctonos

Coñece máis
blank

Milhulloa realiza o ciclo completo da elaboración destas infusións, cultivando en ecolóxico, recollendo no momento óptimo, deshidratando en cámara de secado a baixa temperatura para a conservación de todos os principios activos e envasando de xeito individualizado e artesán.

Con cada infusión desfrutarás dos mellores sabores e aromas da Ulloa.

Escolle a que máis que guste ou mellor se adapte á túa doenza:

– ARTEMISA (indicada para o insomnio). Bolsa de 30 gramos
– CALÉNDULA (indicada para a afonía e a dor de estómago). Bolsa de 20 gramos
– CALÉNDULA E FIUNCHO (indicada para a dor de estómago e a flatulencia). Bolsa de 30 gramos
– CHANTAXE (indicada para a dor de gorxa, a tose e a cistite). Bolsa de 30 gramos
– HERBABOA (indicada para a dor de cabeza e a bronquite). Bolsa de 30 gramos
– MACELA (indicada para as náuseas e a ansiedade). Bolsa de 30 gramos
– MELISA (indicada para o insomnio, as taquicardias e a hipertensión). Bolsa de 30 gramos
– MENTA PIPERITA (indicada para a dor de cabeza e a bronquite). Bolsa de 30 gramos
– MILENRAMA (indicada para a indixestión e as dores menstruais). Bolsa de 40 gramos
– MILENRAMA CON MENTA (indicada para a resaca e as dixestións pesadas). Bolsa de 40 gramos
– CHANTAXE, CALÉNDULA E TOMIÑO (indicada para a dor de gorxa e a tose). Bolsa de 35 gramos
– OUREGO (indicada para os catarros e arrefriados). Bolsa de 30 gramos
– ROMEU (indicada para a falta de concentración e o colesterol). Bolsa de 40 gramos
– SARXA (indicada para os sofocos e a diabetes). Bolsa de 30 gramos
– TOMIÑO LIMONADO (indicada para as inflamacións do aparato respiratorio). Bolsa de 35 gramos

 

Proba tamén estas elaboracións especiais:

INFUSIÓN DA AVOA (Mistura de menta, melisa, caléndula e laranxa)
Propiedades relaxantes.
Bolsa de 35 gramos

INFUSIÓN DA MADRIÑA (Mistura de milenrama, melisa, menta, sarxa e limón)
Axuda a regular o sistema hormonal e o exceso de sudoración.
Bolsa de 35 gramos

INFUSIÓN DO PADRIÑO (Mestura de romeu, hibisco, chantaxe e canela)
Depurativa. Indicada para problemas urinarios masculinos.
Bolsa de 35 gramos

Infusións

Artemisa, Caléndula, Caléndula e fiuncho, Chantaxe, Chantaxe, caléndula e Tomiño, Herbaboa, Infusión da avoa, Infusión da madriña, Macela, Melisa, Menta piperita, Milenrama, Milenrama con Menta, Ourego, Romeu, Sarxa, Tenor, Tomiño limonado

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Infusións ecolóxicas”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *