Leite cru de vaca (7,5 litros)

Churrasco de tenreira galega ecolóxica
14 Xuño 2021
Leite cru de vaca (15 litros)
15 Xuño 2021
Categoria: Queixos e lácteos
Etiqueta:

12,00

Custo: 5,00

Leite cru recén muxido, sen ser sometido a ningún tratamento térmico, polo que mantén todo o seu sabor e propiedades nutricionais.

Pack de 5 botellas de 1,5 litros cada unha.

Máis información

Lácteos Conchy, leite cru e queixos de Friol

A explotación familiar de vacas de leite de Concha Lage e os seus fillos, César e Genma Modia, vende directamente ao consumidor queixos e leite acabado de muxir que todas as semanas distribúen tamén en Ponferrada e Madrid. Son unha das poucas granxas que venden leite cru de vaca en España.

Coñece máis
blank

CARACTERÍSTICAS:
As nosas vacas saen a pacer nas pradeiras que temos arredor da gandería familiar, no lugar de Vila Grande, na parroquia de Madelos, no concello de Friol, polo que o seu leite mantén os beneficios desa alimentación a base de pasto e herba fresca.

Despois, non se somete a ningún tratamento térmico que lle faga perder sabor e propiedades nutricionais. Unha vez muxido, a temperatura do leite báixase até os 2ºC e envásase en botellas herméticas.

Deste xeito, o noso leite cru mantén todas as enzimas, vitaminas e minerais, características que nalgúns casos se verían afectadas polos tratamentos térmicos industriais. Tamén contén bacterias moi beneficiosas e é unha fonte de proteína de primero nivel.


RECOMENDACIÓNS:

Conservar en refrixeración entre 1 y 4ºC. Como alimento vivo que é, o leite cru tamén é moi propicio ao crecemento de microorganismos. Consumir únicamente despois de ferver durante polo menos un minuto.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Leite cru de vaca (7,5 litros)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *