QUEIXO SAN SIMÓN:
Queixo da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa.
Queixo graxo feito con leite de vaca pasteurizada madurado como mínimo 2 meses, ao final dos cales se afuma con madeira de bidueira.
Ten forma de buxaina e remata en pico, codia dura de cor ocre.
Pezas 1,200 kg. aproximadamente.
QUEIXO PATELA:
Queixo de sabor suave feito con leite de vaca, o tradicional queixo galego do país.
Queixo graxo, elaborado con leite pasteurizado e madurado como mínimo durante 15 días, o que lle confire unha corteza algo dura, mais co seu interior cremoso.
Coñecido na zona da Terra Chá como queixo Patela para diferencialo do San Simón.
Peza dun quilo aproximadamente.
MEL DE MONTAÑA:
Mel da Terra Chá colleitado o abeiro da Serra da Carba procedente maioritariamente de breixos e silvas.
Producido seguindo parámetros ecolóxicos.
De cor escura, ten un sabor doce con toques amargos, salgados e ácidos.
Preséntase en tarro de vidro de 1 kg.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.