Mel de montaña, de cor escura, producido seguindo parámetros ecolóxicos.
Ten un sabor doce con toques amargos, salgados e ácidos.
RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN:
A conservación óptima do mel lógrase mellor ao fresco, nunha temperatura ambiente sen sobrepasar os 20 graos centígrados. Os tarros deben ser conservados pechados hermeticamente e estar protexidos da luz.
Todos os meles son líquidos no intre da súa extracción, pero logo dun período de tempo, que vai dalgúns días a varios meses, case todos eles cristalizan.
A cristalización do mel é un proceso natural que se debe á elevada concentración de azucres nobres e de substancias nutritivas. A composición do mel cristalizado é idéntica á do seu estado líquido orixinario, soamente cambia o estado físico.
Os meles industriais sometidos a altas temperaturas no seu envasado preséntanse no mercado sempre líquidos, pero este proceso de pasteurización provoca a perda das súas propiedades biolóxicas e terapéuticas.
Co paso do tempo, o mel non perde as súas características alimentarias, pero canto máis recente sexa a produción, máis completo é e máis beneficioso para a saúde.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.