Mel de Sarria

pack de produtos Amarelante
12 Maio 2021
Mel e pole
12 Maio 2021
Categoria: Meles
Etiqueta:

60,00

Custo: 5,00

Mel producido na comarca de Sarria, con predominancia de castiñeiro, silva e queiroga.

Caixa de 6 tarros de vidro de 1 kg.

Máis información

David Veiga, cando ser apicultor vén de familia

De pequeno, David Veiga ía co seu pai a ver as abellas que tiña repartidas pola comarca de Sarria. El entretíñase botando un pouco de fume e así, pouco a pouco, foise familiarizando co oficio até que hai 4 anos decidiu deixar o emprego nunha carpintaría de aluminio na que traballaba para adicarse á apicultura. Hoxe, con 400 colmeas, xa vive das abellas. Produce mel, pole e enxamios e quere seguir medrando e diversificando

Coñece máis
blank

Mel procedente da diversidade floral da comarca de Sarria, con predominancia de castiñeiro, silva e queiroga.

 

PROPIEDADES:
O mel, grazas ás súas características, é un alimento natural sen manipulación nin emprego de aditivos que favorece a boa saúde. O consumo habitual de mel mellora moito o valor dietético da nosa alimentación ao substituírmos o azucre polo mel.

É un alimento enerxético que fornece ao organismo de calorías rapidamente asimilables, útiles para a práctica física e para o traballo intelectual. É moi adecuado para persoas maiores, débiles ou enfermas.

O mel está dotado de propiedades antibacterianas, útiles para arrefiados e gripes, así como para irritacións de gorxa.

 

RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN:
Conservar a temperatura ambiente sen sobrepasar os 20 graos centígrados e protexido da luz solar.

A cristalización do mel é un proceso natural que se debe á elevada concentración de azucres nobres e de substancias nutritivas. A composición do mel cristalizado é idéntica á do seu estado líquido orixinario, soamente cambia o estado físico.

Os meles industriais sometidos a altas temperaturas no seu envasado preséntanse no mercado sempre líquidos, pero este proceso de pasteurización provoca a perda das súas propiedades biolóxicas e terapéuticas, polo que a cristalización do mel é un indicativo de produto natural.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mel de Sarria”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *