Mel milflores

Mel milflores
27 Xaneiro 2021
Mel flores de montaña
27 Xaneiro 2021
Categoria: Meles
Etiqueta:

11,00

Sen custos de envío

Mel da Terra Chá producido seguindo parámetros ecolóxicos.

Tarro de vidro de 1 kg.

Máis información

Pingas de Gaia, o mel da serra da Carba

blank

Nos montes que separan Vilalba de Muras, Xermade e Abadín Iván produce o seu mel seguindo prácticas de agricultura ecolóxica. Xunto a outros apicultores da zona loitan contra a vespa velutina e contra a utilización de herbicidas como o glifosano nas cunetas.

Coñece máis
blank

Mel milflores, de cor ámbar clara, que representa a riqueza e variedade das floracións galegas.

Ten un sabor doce con toques afroitados e lixeiramente ácidos.

RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN:
A conservación óptima do mel lógrase mellor ao fresco, nunha temperatura ambiente sen sobrepasar os 20 graos centígrados. Os tarros deben ser conservados pechados hermeticamente e estar protexidos da luz.

Todos os meles son líquidos no intre da súa extracción, pero logo dun período de tempo, que vai dalgúns días a varios meses, case todos eles cristalizan.

A cristalización do mel é un proceso natural que se debe á elevada concentración de azucres nobres e de substancias nutritivas. A composición do mel cristalizado é idéntica á do seu estado líquido orixinario, soamente cambia o estado físico.

Os meles industriais sometidos a altas temperaturas no seu envasado preséntanse no mercado sempre líquidos, pero este proceso de pasteurización provoca a perda das súas propiedades biolóxicas e terapéuticas.

Co paso do tempo, o mel non perde as súas características alimentarias, pero canto máis recente sexa a produción, máis completo é e máis beneficioso para a saúde.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mel milflores”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *