Sabemos que buscas as marmeladas máis saudables, por iso as marmeladas artesás de framboesa, arando e tomate ecolóxico de Pazo de Vilane están elaboradas con máis dun 70% de froita enteira procedente das fincas deste pazo ubicado en Antas de Ulla.
Para crear a marmelada de framboesa só empregan froita enteira que recollen directamente das súas leiras, un pouco de azucre e agar. O segredo para obter o seu sabor único está en colleitar o froito no seu punto xusto de maduración natural. O clima galego, húmido e suave, favorece que as framboesas sexan zumarentas, aromáticas, grosas e cheas de pulpa. Cando a súa cor é máis viva en Pazo de Vilane saben que están listas para ser recollidas. A marmelada artesá de framboesa combina perfectamente con torradas, queixos, patés, foies e iogur.
INGREDIENTES: Framboesa, azucre e agar. Preparada con 70 grs de froita por 100 grs de marmelada. Contido neto 300 grs
A marmelada caseira de arandos de Pazo de Vilane está cociñada cun 70% de froita enteira recollida no seu punto xusto de maduración. O arando é un superalimento, por iso recoméndase consumir entre 90 e 100 gramos ao día polo seu alto contido en fibra, minerais, vitaminas e antioxidantes, que protexen contra as enfermidades e melloran a saúde cerebral.
O chan acedo, húmido e drenado de Galicia favorece o cultivo e a calidade dos arandos. Non dubides en usar a marmelada de arando de Pazo de Vilane nas túas tortas de queixo ou como aderezo en ensaladas, carnes asadas ou pizzas doces.
INGREDIENTES: Arando, azucre e agar. Preparada con 70 grs de froita por 100 grs de marmelada. Contido neto 270 grs
Escollendo unicamente tomate ecolóxico enteiro en Pazo de Vilane conseguen a mellor marmelada artesá de tomate agridoce. Cun 72% de froita, pódela maridar cos teus pratos máis sofisticados: afumados, rulos de queixo, follados salgados, pasteis fríos de verduras, ou como aderezo ou chutney de carnes asadas, hamburguesas, e espetadas de pito.
INGREDIENTES: Tomate, azucre de caña, vinagre de mazá e agar. De procedencia ecolóxica. Preparada con 72 grs de froita por 100 grs de marmelada. Contido neto 210 grs
Reseñas
Aínda non hai valoracións.