Pack de repostería tradicional Herbella

Amendoados Herbella
8 Decembro 2020
Pack 3 marmeladas Pazo de Vilane
12 Decembro 2020
Categoria: Pan e doces

23,00

Custo: 5,00

Pack degustación de repostería tradicional galega elaborada pola panadaría Herbella da Pobra do Brollón.

Inclúe:

Máis información

Panadería Herbella, recuperando a repostería tradicional galega

blank

Dende fai una década, Panadería Herbella, da Pobra do Brollón, aposta por rescatar receitas da repostería tradicional da comarca que, dende tempo inmemorial, culminaban os menús de festas e banquetes. Os seus doces son de elaboración totalmente artesá, na que prescinden de calquera conservante ou colorante, co que conseguen uns produtos que fan recordar os doutros tempos.

Coñece máis
blank

Galletas de nata

INGREDIENTES: manteiga, nata líquida, azucre, ovo e fariña de trigo.

Peso: 220 gramos/caixa

Roscas de anís

INGREDIENTES: Fariña de trigo, ovos, azucre, manteiga, anís e augardentes.

Peso: 500 gramos/caixa. Preséntanse envasadas en paquete termoselado.

Amendoados

INGREDIENTES: améndoa, azucre, ovo e oblea (amidón de pataca e aceite vexetal de xirasol) como base.

Peso: 250 gramos/caixa. Preséntanse envasados en paquete termoselado.

Bica de San Lourenzo

INGREDIENTES: Azucre, ovos, manteiga cocida de vaca (leite), fariña de trigo, masa nai (fariña de trigo, auga e sal), fermento e canela.

Recomendacións de conservación: Recoméndase almacenar os produtos en lugar seco e non exposto directamente á luz solar. Unha vez abertos os envases, gardar nunha bolsa para evitar que os doces se sequen.

Peso: 600 gramos/caixa.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pack de repostería tradicional Herbella”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *