Produtos de Friol (carne e leite)

Queixo de Friol fresco e cremoso
15 Xuño 2021
Produtos de Friol (queixos e elaborados cárnicos)
15 Xuño 2021

48,00

Sen custos de envío

Lote de leite cru de vaca e carne de tenreira galega ecolóxica.

Inclúe:
– 2 botellas de leite cru de vaca de Lácteos Conchy (3 litros)
Filetes extra de tenreira ecolóxica de Traloagro (1 kg)
Carne para asar de tenreira ecolóxica de Traloagro (1 kg)

Máis información

Leite cru recén muxido, sen ser sometido a ningún tratamento térmico, polo que mantén todo o seu sabor e propiedades nutricionais.

CARACTERÍSTICAS:
As nosas vacas saen a pacer nas pradeiras que temos arredor da gandería familiar, no lugar de Vila Grande, na parroquia de Madelos, no concello de Friol, polo que o seu leite mantén os beneficios desa alimentación a base de pasto e herba fresca.

Despois, non se somete a ningún tratamento térmico que lle faga perder sabor e propiedades nutricionais. Unha vez muxido, a temperatura do leite báixase até os 2ºC e envásase en botellas herméticas.

Deste xeito, o noso leite cru mantén todas as enzimas, vitaminas e minerais, características que nalgúns casos se verían afectadas polos tratamentos térmicos industriais. Tamén contén bacterias moi beneficiosas e é unha fonte de proteína de primero nivel.

RECOMENDACIÓNS:
Conservar en refrixeración entre 1 y 4ºC. Como alimento vivo que é, o leite cru tamén é moi propicio ao crecemento de microorganismos. Consumir únicamente despois de ferver durante polo menos un minuto.

 

Bistés de tenreira de partes como a picaña ou a cadeira, ideais para facer á prancha.

Carne de tenreira sen óso de partes como a culata, o morcillo ou a agulla, ideal para asar ou para facer en guisos.

CARACTERÍSTICAS: 
Carne de tenreira ecolóxica certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e amparada pola IXP Ternera Gallega. Animais criados en liberdade, sen antibióticos, sen transxénicos, alongando os ciclos de vida e benestar animal, con control absoluto do ciclo de produción e con garantía de trazabilidade do produto.

Conservar en refrixeración entre 0° e 2°C

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Produtos de Friol (carne e leite)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *