36,50€
Sen custos de envíoLote de pan de Ousá, empanada e chourizos caseiros.
Inclúe:
– 1 pan de Ousá da Panadería Concha (Peza de 1 kg)
– 1 pan de pasas e noces da Panadería Concha (Peza de 500 gr)
– 1 empanada mediada da Panadería Concha (29×21 centímetros)
– 2 paquetes de chourizos caseiros de Embutidos Ferreiro (10 unidades)
O pan de Ousá é un bolo tradicional feito con fariña do país que se elabora nesta parroquia do concello de Friol.
Elaborado de xeito artesán mediante unha fermentación longa e cocido en forno de leña. O auténtico sabor do pan da casa que facían as avoas.
INGREDIENTES:
Fariña galega de trigo, fariña de forza, formento, auga e sal
CONSERVACIÓN:
Mantense en perfecto estado durante 4 días.
Pan de uvas pasas e noces, o pan de sempre con novos ingredientes, como o sabor doce das pasas e o aporte das noces como froito seco no medio do molo do pan tradicional galego.
Ideal para o almorzo ou para acompañar un entrante, como por exemplo un queixo, un embutido ou un paté.
Elaborado de xeito artesán mediante unha fermentación longa e cocido en forno de leña.
INGREDIENTES:
Fariña de trigo do país, fariña de forza, formento, auga, sal, noces e uvas pasas.
CONSERVACIÓN:
Mantense en perfecto estado durante 4 días.
Empanada tradicional galega elaborada de xeito artesán.
Feita con masa de pan de Ousá e cocida en forno de leña.
Tamaño 29×21 centímetros.
Pódese escoller o recheo entre os seguintes ingredientes:
Chourizos caseiros elaborados a partir de porcos alimentados sen pensos, o auténtico sabor dos chourizos da casa.
10 unidades envasadas ao baleiro en 2 bolsas de 5 chourizos cada unha e un peso aproximado de 450 gr.
Elaboración artesá: a carne é cortada á man, sen ser picada por medios mecánicos, e o atado é tamén manual.
A zorza non leva conservantes artificiais e é embutida en tripa natural de porco.
INGREDIENTES:
Carne magra de porco, allo, sal, pemento doce e pementón picante.
DATA DE CONSUMO PREFERENTE:
6 meses, aínda que se conservan en perfectas condicións durante máis dun ano.
Ingredientes | Atún, Bacon con queixo, Liscos, Mazá |
---|
Reseñas
Aínda non hai valoracións.