Produtos de Friol (queixos e elaborados cárnicos)

Produtos de Friol (carne e leite)
15 Xuño 2021
Produtos de Friol (pan de Ousá e chourizos caseiros)
15 Xuño 2021

46,50

Sen custos de envío

Lote de queixos de Friol e elaborados de carne de tenreira galega, polo e porco ecolóxicos.

Inclúe:
– 1 queixo fresco de Lácteos Conchy (550 gr)
– 1 queixo cremoso de Lácteos Conchy (800 gr)
– 2 hamburguesas de polo con espinacas de Traloagro (300 gr)
– 2 hamburguesas de tenreira e remolacha de Traloagro (300 gr)
– 1 paquete de zorza de porco ecolóxico de Traloagro (800 gr)

Máis información

Queixo fresco elaborado a partir de leite cru recén muxido, sen ser sometido a ningún tratamento térmico, polo que mantén todo o sabor e propiedades nutricionais do leite.

Queixo cremoso e de pasta graxa madurado en cámara durante 15 días elaborado a partir de leite cru de vaca seguindo a receita tradicional da zona de Friol.

CARACTERÍSTICAS:
As nosas vacas saen a pacer nas pradeiras que temos arredor da gandería familiar, no lugar de Vila Grande, na parroquia de Madelos, no concello de Friol.

O leite, o que usamos para facer os nosos queixos, mantén os beneficios desa alimentación a base de pasto e herba fresca.

Unha vez muxido, non se somete a ningún tratamento térmico que lle faga perder sabor e propiedades nutricionais.

Deste xeito, os nosos queixos manteñen todo o sabor e os beneficios do leite.

 

Pack de 2 hamburguesas de carne de polo campeiro ecolóxico e espinacas ecolóxicas, sen aditivos nin conservantes.

Pack de 2 hamburguesas de carne de tenreira galega ecolóxica amparada pola IXP Ternera Gallega, remolacha procedente de cultivo ecolóxico, sal rosa do Himalaia ecolóxico e allo ecolóxico.

Zorza de porco ecolóxico criado ao aire libre, pementón doce, sal rosa do Himalaia e perixel procedentes de agricultura ecolóxica.

CARACTERÍSTICAS: 
Carne de tenreira ecolóxica certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e amparada pola IXP Ternera Gallega. Animais criados en liberdade, sen antibióticos, sen transxénicos, alongando os ciclos de vida e benestar animal, con control absoluto do ciclo de produción e con garantía de trazabilidade do produto.

Carne de polo campeiro ecolóxico certificado. Animais criados en liberdade, con benestar animal alongando o ciclo produtivo. Os nosos polos teñen un ciclo de crianza duns 120 días de vida, chegando nalgunhas épocas do ano aos 150 días, cando a cría industrial del polo se fai cun máximo de 45 días, o que lle aporta unha textura especial á carne. Control absoluto do ciclo de produción, criados sen antibióticos nin transxénicos, e con garantía da trazabilidade do produto.

Carne de porco ecolóxico certificado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Animais criados ao aire libre en réxime de pastoreo, o que fai que a súa carne sexa máis branda e tamén máis saborosa. Destaca pola súa maior xugosidade e presenta mellor masticabilidade pola maior infiltración de graxa e presenta valores superiores de ácidos graxos cun perfil saudable como o oleico, linoleico y palmitoleico.

Conservar en refrixeración entre 0° e 2°C

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Produtos de Friol (queixos e elaborados cárnicos)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *