Contan que no século XVI, o rei Carlos IV un día de cacería atopou un súbdito que estaba comendo algo que el non coñecía: o chourizo. Tanto lle gustou que dende aquela a moitos dos pratos da corte se lles engadiu ese manxar. Recuperamos esta antiga receita de Queixo con chourizo de porco celta porque conserva o sabor da alimentación e o afumado tradicional.
O Queixo con Chourizo de Porco Celta é unha variedade de exclusiva elaboración en Campo Capela na que ao queixo tenro de leite cru se lle engade chourizo de porco de raza celta, mentres que a cortiza comestible se afina con pemento doce da Vera, o que o converte nun queixo suave e sorprendente pola adición de chourizo. Non leva ningún tipo de picante.
RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN:
A temperatura de conservación oscila entre 12/14º en lugar seco e fresco. Esta temperatura permite preservar a súa textura suave e semibranda.
Á HORA DE CONSUMILO:
Se se garda en frigorífico, convén sacalo polo menos unha hora antes de consumilo.
Para presentar este queixo recoméndase cortar ao longo, para que cada porción leve cortiza.
O marmelo é o seu acompañamento ideal, pero tamén as marmeladas de tomate, pemento, etc.
Resulta tamén ideal para elaborar salsas, recheos, tostadas, etc.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.