Queixo da nabiza

Queixo Agarimo
23 Febreiro 2021
Iogur ecolóxico Arqueixal
26 Febreiro 2021

11,00

Custo: 5,00

Queixo curado da DOP Arzúa-Ulloa.

Elaborado con leite ecolóxico de vaca.

Peso aproximado 600 gr.

Máis información

Arqueixal: leite, queixos e ecoturismo para manter vivas as tradicións da aldea

blank

Pechar o círculo entre produción, transformación e comercialización e, ao mesmo tempo, facelo compatible coa conservación e a valorización do territorio non é doado pero Xosé Luís Carreira logrouno con este proxecto asentado en Santiago de Albá, en Palas de Rei, que cumpre máis de 30 anos aproveitando todas as posibilidades que permite o rural galego

Coñece máis
blank

Queixo curado coñecido como queixo da nabiza, por elaborarse no inverno, a época de produción da hortaliza que lle achega o nome.

Ten un período de maduración mínimo de 6 meses e está amparado pola Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.

A súa textura é firme, o seu sabor é lixeiramente salgado e intenso con leves notas a froitos secos.

Elaborado por Arqueixal, en Palas de Rei, co leite das vacas da propia explotación.


RECOMENDACIÓNS DE CONSERVACIÓN: 

Recoméndase mantelo en lugar fresco por baixo de 15ºC ou na parte menos fría da neveira.

Pódese seguir madurando e co paso do tempo os seus aromas e sabores fanse máis intensos e penetrantes.

Se aparece algo de mofo, lavar con auga salgada e secalo cun pano.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Queixo da nabiza”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *