Queixo tenro

Queixo con chourizo de porco celta
16 Marzo 2021
Queixo de inverno
16 Marzo 2021
Categoria: Queixos e lácteos
Etiquetas: ,

10,00

Custo: 5,00

Queixo do país elaborado pola cooperativa Campo Capela.

Está feito a partir do leite cru das vacas dos socios da cooperativa, alimentadas a base de pasto, polo que permite apreciar distintos matices ao longo do ano.

Peza de 1 quilo.

Máis información

Campo Capela, gandeiros donos do seu leite

blank

Esta cooperativa da comarca do Eume elabora queixos de leite crú, requeixo, tona, manteiga e outros produtos coa materia prima que producen as vacas dos seus socios, 33 pequenas ganderías familiares de leite dos concellos da Capela, As Pontes, Neda e San Sadurniño. O proxecto, iniciado no ano 2005, non para de medrar e recibir premios mesmo a nivel internacional

Coñece máis
blank

O queixo tenro ou queixo do país de Campo Capela está elaborado con leite cru e de forma artesá, evolucionando en cada época do ano e permitindo apreciar un lixeiro cambio no seu sabor dependendo da alimentación estacional do gando dos socios da cooperativa. A partir do seu leite e do que se fai este produto, sendo un queixo moi suave para o padal.


RECOMENDACIÓNS Á HORA DO SEU CONSUMO:

É un queixo moi cremoso que se pode chegar a consumir como queixo de untar.

Como característica común dos queixos do país, é un bo acompañante de marmelos e marmeladas.

Podemos utilizalo tamén para a elaboración de purés, cremas, salsas ou calquera tipo de acompañamento e é especial para gratinados.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Queixo tenro”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *