Roscas de anís Herbella

Crema de castañas de Alibós
8 Decembro 2020
Categoria: Pan e doces

6,10

Custo: 5,00

Rosquiñas tradicionais elaboradas de xeito artesán, de masa esponxosa e toque anisado.

Preséntanse en paquetes termoselados, sen engadir ningún tipo de conservante, cun peso aproximado de 500 gramos.

Máis información

Panadería Herbella, recuperando a repostería tradicional galega

blank

Dende fai una década, Panadería Herbella, da Pobra do Brollón, aposta por rescatar receitas da repostería tradicional da comarca que, dende tempo inmemorial, culminaban os menús de festas e banquetes. Os seus doces son de elaboración totalmente artesá, na que prescinden de calquera conservante ou colorante, co que conseguen uns produtos que fan recordar os doutros tempos.

Coñece máis
blank

Partindo dunha receita tradicional da comarca de Lemos, Panadería Herbella elabora estas deliciosas rosquiñas que teñen como características principais a súa masa esponxosa e o seu lixeiro toque anisado. O baño de almíbar que as recubre exteriormente confírelles un sabor especial e proporciónalles unha excelente conservación durante semanas.


INGREDIENTES:

Farina de trigo, ovos, azucre, manteiga, anís e augardente.


CADUCIDADE:

Recoméndase a súa conservación nun lugar fresco e seco. Unha vez aberto o envase, débense gardar nunha bolsa ou caixa pechada para que non lles afecte o aire e permanezan en perfecto estado maior tempo. A súa data de consumo preferente é de 60 días desde a elaboración.

Tamaño

Pequeno, Mediano

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Roscas de anís Herbella”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *