Pazo de Vilane, a marca das galiñas en liberdade

blank

Nuria Varela-Portas, que dirixe a empresa xunto á súa irmá Piedad, rodeada das galiñas de Pazo de Vilane

O pazo de Vilane, ubicado en Antas de Ulla, foi desde o século XVIII un espazo central na vida agraria do seu entorno, se ben nas últimas décadas do século XX perdera esa condición e chegou a quedar deshabitado durante uns 20 anos.

Pero a mediados dos anos 90, a familia propietaria, encabezada daquela por Juan Varela-Portas, decidiu regresar de Madrid, onde vivía, e asentarse no pazo coa idea de que volvese ser un lugar produtivo e non só un espazo de ocio.

O proxecto empresarial de Pazo de Vilane foi pioneiro en España, pois en 1997 aínda non existían explotacións de ovos campeiros

Foi así como arrincou o proxecto de producir ovos de galiñas en liberdade baixo a marca Pazo de Vilane, un proxecto que foi pioneiro en España na introdución dos ovos campeiros.

Creación de emprego na zona

blankA empresa presume do lema En Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas, posto que o benestar animal é a guía fundamental para o manexo diario dos animais. As aves divídense en distintas naves e desde primeira hora da mañá teñen acceso aos terreos circundantes, cun espazo garantido de 4 metros cadrados de superficie de pradeira por animal, xestionando en total unhas 37 hectáreas. Comezaron no ano 1997 con 50 galiñas e hoxe a empresa dispón de 100.000 animais e produce 2 millóns de ducias de ovos ao ano.

Dinamizar a contorna era un dos seus obxectivos cando iniciaron a andaina fai máis de 20 anos e hoxe traballan na empresa 25 persoas

Sen embargo, a filosofía do proxecto mantense igual que nos comezos. Traballan en Pazo de Vilane máis de 25 persoas, en boa medida mulleres do entorno rural da comarca da Ulloa. Dinamizar a zona era un dos seus obxectivos cando iniciaron a andaina fai máis de 20 anos.

Marmeladas con máis do 70% de froita

blank

O Pazo de Vilane, un edificio do século XVIII orixe do proxecto, estivo máis de 20 anos deshabitado

Pazo de Vilane, dirixida hoxe pola segunda xeración da familia, que encabezan Nuria e Piedad Varela-Portas, está especializada na produción de ovos de galiñas en liberdade, pero nos últimos anos estase adentrando tamén en máis campos, sempre coa idea de manter a mesma identidade de marca galega de calidade, de produto artesano e de coidado do entorno.

Cultivan as framboesas e os arandos cos que elaboran despois as súas marmeladas

Co obxectivo de diversificar a produción, a empresa iniciou un proxecto de conservas que arrincou con mermeladas de framboesa e de arando, froitos que se cultivan nas fincas do pazo. A súa mermelada de framboesa presume de ser a de maior contido de froita do mercado, cun 80%.