Produtores

Traloagro, unha volta ás orixes desde a emigración

blank

Isabelle e Tito herdaron dos seus pais, Manolo e Maricarmen, o seu espíritu emprendedor. Dos seus avós, José e Carmen, aprenderon a valorar a terra á que voltaban de pequenos cada verán. Con eses dous ingredientes, co paso dos anos, decidiron poñer en marcha un proxecto empresarial nese rural do que a familia tivera que marchar na procura dun futuro mellor. Hoxe contan na parroquia de Pacio, en Friol, cunha explotación cárnica de gando vacún e polos ecolóxicos que comercializan directamente.

Ver produtos

Lácteos Conchy, leite cru e queixos de Friol

A explotación familiar de vacas de leite de Concha Lage e os seus fillos, César e Genma Modia, vende directamente ao consumidor queixos e leite acabado de muxir que todas as semanas distribúen tamén en Ponferrada e Madrid. Son unha das poucas granxas que venden leite cru de vaca en España.

Ver produtos

Mel Vituco, a aposta por emprender no Xistral

No lugar de Rebordelos, na parroquia do Viveiró, pertencente ao concello de Muras, Raquel Vázquez Picos e o seu irmán Javier coidan con esmero das súas abellas e da paisaxe que as rodea. Atópanse nunha das zonas naturais de máis valor de Galicia, con plantas endémicas que aportan ao seu produto un carácter único.

Ver produtos

Amarelante, a cooperativa que está a revitalizar a produción da castaña en Manzaneda

blank

Amarelante é o nome da variedade de castiñeiros máis habitual no macizo central ourensán e tamén o da cooperativa creada no 2013 por cinco familias que viron na castaña unha alternativa de futuro. Comezaron a actividade coa recollida e venda en fresco da castaña dos seus propios castiñeiros e foron ampliando produción a través do aluguer e cesión de soutos, ao mesmo tempo que iniciaban un proceso de transformación para dar maior valor engadido ao produto

Ver produtos

Céltico, carne e embutidos de porcos celta criados sen présa

blank
Mario Rouco iniciou en 2015 a cría de porco celta nunha carballeira de Muras, na Serra do Xistral. O seu obxectivo é conseguir que os animais medren lentamente alimentándose da vexetación natural ata acadar un peso medio duns 110 kilos aos 12 meses. Desde fai un ano elabora tamén embutidos seguindo unha receita familiar da súa bisavoa.

Ver produtos

DoSouto, conservas de castañas e froitas de tempada

blank

Milagros López tiña na súa casa de Vilar de Aldixe, en Paradela, soutos centenarios que levaban un tempo abandonados. Propúxose recuperalos e poñelos de novo a producir. Pero como unha cousa sempre leva a outra, pensou nun xeito aportar valor engadido a aquela materia prima, así que acabou recuperando tamén unha vella palleira para montar nela un obrador onde transformar as castañas que producía, ás que logo se sumaron tamén marmeladas dunha ampla gama de produtos locais.

Ver produtos

Torta de Sarria, a receita da avoa Filomena

Lourdes Pombo decidiu no 2015 cambiar o seu xeito de vida para adicarse á repostería, recuperando elaboracións familiares e innovando con outras propias. Do seu obrador saen creacións con ingredientes naturais que non levan conservantes

Ver produtos

David Veiga, cando ser apicultor vén de familia

De pequeno, David Veiga ía co seu pai a ver as abellas que tiña repartidas pola comarca de Sarria. El entretíñase botando un pouco de fume e así, pouco a pouco, foise familiarizando co oficio até que hai 4 anos decidiu deixar o emprego nunha carpintaría de aluminio na que traballaba para adicarse á apicultura. Hoxe, con 400 colmeas, xa vive das abellas. Produce mel, pole e enxamios e quere seguir medrando e diversificando

Ver produtos

Touza Vella, pioneiros do queixo de cabra en Galicia

blank

Jorge e Rocío decláranse amantes do rural, tanto que se lanzaron á aventura, cambiando o asfalto de Madrid pola tranquilidade e a natureza de Castro Caldelas. Levan facendo queixos desde o ano 2004, desde 2012 na súa propia queixería, situada a carón da súa gandería, onde moxen a diario as súas 310 cabras. É o resumo dun proxecto que definen como “un acto de cabezonería sublime”

Ver produtos

Caurelor, 15 anos aproveitando os froitos da natureza

blank

Castañas, arandos, moras, cereixas, uvas ou tomates son algunhas das materias primas coas que Verónica Núñez e Daniel Arza elaboran de xeito artesán as súas cremas e marmeladas. Xuntar os produtos do Caurel e os do val de Quiroga permitiulles poñer en marcha unha pequena empresa coa que construír un proxecto de vida en común. Son habituais en feiras por toda Galicia e supliron coa venda online o contacto directo cos seus clientes.

Ver produtos

Adega Sidrón, do viño a granel á aposta pola calidade no alto Navia

blank

Na casa de Rosa e Paco Sanromán, en Pieiga, no concello de Negueira de Muñiz, sempre se fixo viño para a casa. Pero en 2013 estes dous irmáns decidiron comezar un camiño cara a profesionalización que está a dar os seus froitos. Os seus caldos, tanto brancos como tintos son producións pequenas e coidadas, unha aposta pola diferenciación, porque se alguén busca uns viños singulares, os de Negueira son únicos.

Ver produtos

Ribeira do Navia, recuperando as producións esquecidas de mel e de viño

blank

Héctor Álvarez define o seu mel como “o legado máis doce” dos seus antepasados. Esa é a súa filosofía de traballo, centrada en recuperar dúas tradicións que se foron perdendo co paso dos anos nesta zona norte dos Ancares: a produción de mel e a produción de viño. Está a facelo no microclima particular que configura o cauce do río Navia en todo o seu percorrido, un territorio cheo de contrastes que impregnan estes dous produtos e que os fai únicos.

Ver produtos

Xan Couso, a unión de dous gandeiros para vender a súa carne sen intermediarios

blank

Carlos e José Manuel xuntáronse hai ano e medio para daren saída aos seus xatos mediante a venda directa ao consumidor final. Alugaron unha carnicería en Castroverde desde a que fan tamén envíos a domicilio. Contan con produción convencional e ecolóxica e están a criar tamén animais de raza angus buscando diferenciarse no mercado e satisfacer os gustos de todo tipo de clientes

Ver produtos

Campo Capela, gandeiros donos do seu leite

blank

Esta cooperativa da comarca do Eume elabora queixos de leite crú, requeixo, tona, manteiga e outros produtos coa materia prima que producen as vacas dos seus socios, 33 pequenas ganderías familiares de leite dos concellos da Capela, As Pontes, Neda e San Sadurniño. O proxecto, iniciado no ano 2005, non para de medrar e recibir premios mesmo a nivel internacional

Ver produtos

Terras de Miranda, crear riqueza e emprego coa produción de horta

blank

Javier Miranda comezou no 2012 plantando unha hectárea de repolos en Riotorto. Hoxe ten fincas alugadas tamén en Castro de Rei, Pol e A Pastoriza, cultiva unha ducia de produtos distintos e e dá traballo a 20 persoas. Para que o prezo lle permita pagar ben aos seus empregados, esta empresa distribue directamente a súa mercadoría en Galicia e Asturias e vende online a toda España.

Ver produtos

Milhulloa, 20 anos recuperando as plantas mediciñais galegas

blank

Infusións, especias e hortalizas deshidratadas forman parte hoxe do catálogo de produtos desta cooperativa de mulleres de Palas de Rei que seguen traballando coa mesma filosofía coa que naceron, a de potenciar o rural e os cultivos autóctonos

Ver produtos

Panadería Modesto, a tradición do muíño de pedra e o forno de leña

Contar cun muíño de pedra propio permítelles a Suso e ao seu fillo Roberto controlar a trazabilidade da materia prima que empregan. Iso, xunto ao proceso artesán de elaboración e ao forno de leña son os elementos que dan fama ao pan de Antas, un produto de calidade cun sabor que lembra a cando se cocía nas casas.

Ver produtos

Gandería Quintián, queixos que rezuman autenticidade

blank

Gandería Quintián é unha explotación familiar do concello lugués do Páramo que leva máis de medio século producindo leite. Chelo e Julio decidiron no 2010 transformar e valorizar a produción das súas vacas comercializando leite fresco pasteurizado. Agora dan un paso máis na aposta por saltarse os intermediarios e chegar directamente ao consumidor facendo tamén queixos, que maduran grazas a unha veta de auga natural que lles aporta uns matices únicos.

Ver produtos

Arqueixal: leite, queixos e ecoturismo para manter vivas as tradicións da aldea

blank

Pechar o círculo entre produción, transformación e comercialización e, ao mesmo tempo, facelo compatible coa conservación e a valorización do territorio non é doado pero Xosé Luís Carreira logrouno con este proxecto asentado en Santiago de Albá, en Palas de Rei, que cumpre máis de 30 anos aproveitando todas as posibilidades que permite o rural galego

Ver produtos

Casa da Fonte, transformar o leite e difersificar as producións

blank

Xosé García Freire é un mozo gandeiro de Pantón que colleu fai 10 anos a granxa dos seus pais e foina cambiando a base de innovar en moitos aspectos: as súas vacas non teñen establo, só fai un muxido ao día cunha sala portátil e transforma o leite na propia explotación en iogures, queixo e manteiga. A maiores, venden ovos e crian polos e porcos

Ver produtos

Eurolemos, un santuario das razas autóctonas galegas

Ramón Vázquez e a súa muller Mari Carmen Álvarez son criadores de vacas cachenas, ovellas galegas, galiñas de Mos e porcos celtas. Elaboran tamén produtos como chourizos, salchichóns, hamburguesas, mel ou mamelo caseiro, que comercializan directamente na súa carnicería de Monforte

Ver produtos

Rectoral de Gundivós, o viño da Ribeira Sacra feito en barro

blank

Esta adega de Sober fusiona a tradición da olería da zona coa produción de viños de autor. Os seus brancos e tintos da subzona de Amandi destacan por ser edicións limitadas, por unha viticultura respectuosa co medio ambiente e pola mínima intervención nos viños

Ver produtos

Conde Santo, o mel a cabalo entre Maceda e Lourenzá

blank

O mel que Adrián colleita en Lourenzá non fai milagres pero case. É bo para os catarros ou para as dores de gorxa. Os seus beneficios para a saúde non son pequenos, pero nada comparable coa capacidade sanadora que a tradición popular lle outorga a Osorio Gutiérrez, de onde colle o seu nome.

Ver produtos

Pastelería Marisa, a repostería feita coas castañas do Courel

blank

Declárase ‘anticakes’ e decidiu apostar polas materias primas da zona, por iso Roberto leva 20 anos facendo madalenas de castaña, sen dúbida un dos produtos estrela da serra do Courel. Nesta pastelería de Quiroga non se empregan conservantes e as elaboracións son tradicionais.

Ver produtos

Panadería Concha, a orixe do afamado pan de Ousá

blank

No lugar de Mazcarelle, na parroquia de Ousá, en Friol, faise un dos pans máis auténticos e de máis sona de Galicia. Concha Pérez foi a iniciadora dunha saga de panadeiros que continúa agora a súa neta Tania, un relevo que garante o mantemento da tradición. Nun pequeno forno pegado á casa familiar o pan de sempre mira ao futuro pero sen perder a súa esencia.

Ver produtos

Mel Liñares, produción en Rede Natura na comarca do Deza

David leva media vida entre as abellas. Comezou na apicultura con 17 anos e hoxe, con 34, está especializado na cría de raíñas e produce núcleos para clientes profesionais de Galicia, Asturias, León, Cantabria ou Toledo. Tamén se dedica ao asesoramento e formación e desde fai 10 anos comercializa o seu mel baixo a súa propia marca.

Ver produtos

Ferreiro, os chourizos da casa que se venden nas feiras

blank

Como bos chourizos caseiros, os que fai Cristina tiñan que levar o nome da casa familiar, ubicada no lugar de Suouteiro, na parroquia de Xiá, pertencente ao concello lucense de Friol. Esta moza decidiu fai 4 anos que a tradición dos seus avós e os seus pais non se perdera coa elaboración artesá e a venda directa como máximas do seu negocio.

Ver produtos

Pingas de Gaia, o mel da serra da Carba

blank

Nos montes que separan Vilalba de Muras, Xermade e Abadín Iván produce o seu mel seguindo prácticas de agricultura ecolóxica. Xunto a outros apicultores da zona loitan contra a vespa velutina e contra a utilización de herbicidas como o glifosano nas cunetas.

Ver produtos

Queixería Don Gabino, mantendo a esencia do San Simón

blank

Cristina e Iván fan queixo como sempre se fixo na parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba. A súa é a queixería máis pequena da Denominación de Orixe e o seu queixo, o mellor San Simón do 2020.

Ver produtos

Confitería Irma, creadores dunha tarta de améndoa única

blank

Coa receita orixinal dos seus avós, Teresa elabora unha tarta que leva como principal ingrediente un 45% de améndoa natural. É o emblema da Confitería Irma, de Riotorto, un produto único nacido da emigración e que grazas a ela ten chegado tamén a lugares como Australia, EEUU ou Venezuela.

Ver produtos

Erica Mel, a cooperativa das apicultoras e apicultores galegos desde 1990

blank

Máis de 250 produtores de toda a xeografía galega integrados na Asociación Galega de Apicultura (AGA) forman parte desta cooperativa con sede en Arzúa que envasa e comercializa unha ampla variedade de meles e unha completa gama de produtos apícolas pensados para o coidado da alimentación e a saúde.

Ver produtos

Carnicería Varela, unha das primeiras tendas de España con derivados do porco e produtos halal

blank

A tenreira de produción propia e os chourizos e salazóns de porco elaborados de xeito tradicional comparten espazo co polo sacrificado seguindo o rito musulmán, o cuscús, o té ou as especias exóticas neste negocio familiar de Lalín que segue mantendo a explotación de 30 cabezas de vacún de carne que había na casa.

Ver produtos

Alibós, motor da recuperación da produción de castaña en Galicia

blank

A actividade da fábrica de Alibos Galicia SL remóntase ao ano 1968. Desde entón esta empresa de Monterroso (Lugo) traballa con esmero no aproveitamento de produtos silvestres da zona, como os cogomelos e as castañas, que exportan desde Galicia aos principais mercados mundiais.

Ver produtos

Pazo de Vilane, a marca das galiñas en liberdade

blankA mediados da década dos 90, a familia Varela-Portas decide regresar de Madrid, onde vivía, e asentarse no pazo de Vilane, en Antas de Ulla, coa idea de que volvese ser un lugar produtivo. Desde entón producen hovos campeiros e na actualidade tamén marmeladas artesanais de tomates, framboesas y arandos que eles mesmos cultivan.

Ver produtos

Panadería Herbella, recuperando a repostería tradicional galega

blank

Dende fai una década, Panadería Herbella, da Pobra do Brollón, aposta por rescatar receitas da repostería tradicional da comarca que, dende tempo inmemorial, culminaban os menús de festas e banquetes. Os seus doces son de elaboración totalmente artesá, na que prescinden de calquera conservante ou colorante, co que conseguen uns produtos que fan recordar os doutros tempos.

Ver produtos